XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Resultados – Fase de Repesca

Chegou o final do torneo para Terra Celeste, que non puido sobrepoñerse ás innumerables baixas coas que se presentou a esta fase de repesca. Con tan só 13 xogadores, non foi quen de superar os seus rivais.

A mañá empezaba coa sorpresa da baixa da Peña Arribada Celeste do torneo. Esto implicaba que os partidos sería dunha hora en lugar de 40 minutos.

O primeiro partido enfrentou os nosos co equipo de Siareiros.NET. O equipo da nosa peña aguantou ben ó rival, moi superior en número de xogadores, ata que a falta de 4 minutos, un golpeo por alto dende a frontal da área se colou por riba de Araujo, quen nada puido facer para evitalo tanto.

Xogadores de Terra Celeste e Siareiros.NET confraternizando tras un partido moi reñido

No derradeiro partido desta xornada matinal, os nosos xogabanse o pase fronte o poderoso e xoven equipo de Os Zoqueiros. O noso equipo tentou aguantalo resultado cerradiño atrás para tentar batir o rival nunha contra, xa que unha victoria pola mínima os clasificaba para xogar a fase final no mes de Maio. E co empate inicial se chegou ata a metade da segunda parte do encontro. Pero tras encaixar dous goles casi seguidos, o equipo se abriu na búsqueda da remontada e eses ocos foron ben aproveitados polos Zoqueiros para rematar cunha goleada á contra.

O resumo desta primeira participación no torneo é que serviu para pasar un bo rato todos xuntos. Para o ano que ben, hai que conseguir máis implicación e non ir os partidos tan xustos de xente.