Cita histórica en Balaidos – Ida dos cuartos da UEL contra o Genk

Dendo o club fannos chegar o seguinte aviso, solicitando a colaboración de todos para que mañá se viva unha xornada inesquecible.

O Club porá en cada asento un “aplaudidor” de cartón pregado cunha goma.

Por unha banda será de cor celeste co escudo do RC Celta e pola outra terá unha imaxe dos xogadores.

  1. Mentres soa o himno do RC Celta poderás amosar a túa bufanda.
  2. Cando remate o himno colle o teu aplaudidor e exténdeo.
  3. Cando saian os xogadores e soe o himno da UEFA, amosa a parte celeste cara o campo. Tinguiremos de celeste toda a bancada de Balaídos!
  4. Unha vez remate o himno da UEFA, prega o aplaudidor e anima con él!

Ademáis, a grada de Marcador recibirá os xogadores despregando un gran tifo co escudo do RC Celta sobre a bandeira galega, ca lenda “Afouteza, corazón, orgullo, tradición”.

Finalmente, recordar que dende algunhas peñas fíxose un chamamento os afeccionados para facerlle un recibimento os xogadores cando cheguen o campo. A cita é as 19:15 na explanada de Tribuna.

Mañá temos que estar todos ahí, alentando os nosos xogadores. Fagamos historia!!!

HALA CELTA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*