XVII Aniversario

Onte celebramos o noso 17º Aniversario cunha comida no Hotel Coia de Vigo. Á mesma, acudiu como invitado estrella o míster do equipo, o “Toto” Berizzo, a quen queremos agradecer enormemente a súa asistencia.

Faro de Vigo fíxose eco do evento publicando o seguinte artigo.

Tamén a web de deportes eldesmarque.com fai referencia o evento.

No seguinte enlace iremos poñendo todas as fotos e vídeos de recordo deste día.

XVII Aniversario

O próximo Luns 1 de Maio, celebraremos a tradicional comida de aniversario da peña. Este ano, o acto terá lugar a partires das 14:00 no Hotel Coia de Vigo.

Menú Adulto:

  • Aperitivo Variado
    • Empanada de Zamburiñas
    • Xamón con queixo manchego
    • Canapés artesáns
    • Calamares á romana
    • Polvo á feira
  • Prato Principal (a escoller 1)
    • Cordero Lechal o forno con guarnición de legumes e champiñóns.
    • Rodaballo á prancha con patacas ó vapor
  • Postre
    • Tarta de fresas con nata
  • Bebidas, café e licores.

Menú Infantil

  • Aperitivo Variado
    • Taquitos de tortilla
    • Croquetas da avóa
    • Surtido de xamón e embutidos
  • Prato Principal
    • Peituga de polo a prancha con patacas.
  • Postre
    • Xelado de vainilla e chocolate
  • Bebidas

Lembrade que tedes ata o Sábado 15 de Abril para facelas reservas, mandando un whastapp privado á presidenta da peña. Os adultos tedes que especificar a elección do prato principal.

Esperamos contar con todos vos nun día tan señalado, xa que é a mellor oportunidade para pasar un días todos xuntos.

NON FALTEDES A CITA!!!

Xuntanza previa: Celta vs Villarreal

O próximo día 12 de Marzo disputarase ás 18:30 o partido R.C.Celta vs Villarreal C.F. no Estadio de Balaídos. Con tal motivo, celebraremos unha comida pre-partido, como ven sendo habitual cando o Celta xoga na casa e os horarios o permiten. 

É un bo día para disfrutar todos xuntos e compartir mesa antes dun partido tan importante. Podedes facer as reservas por whatsapp ata o Domingo 5 de Marzo ás 22:00h.

Menú:

  • Cocido
  • Postre variado
  • Bebidas (viño, cervexa e refrescos)
  • Cafés e chupitos

Precio por persoa: 15€

Lugar: Tapería Tu Boca Te La Lía

Rúa Manuel de Castro, nº12.

Data e Hora: Domingo 12 de Marzo, ás 14:30.

 

O Noso Derbi

derbi_opt

O próximo día 23 de Outubro disputarase ás 12:00 “O Noso Derbi” no Estadio de Balaídos. Con tal motivo, celebraremos unha comida post-partido, como ven sendo habitual cando o Celta xoga na casa e os horarios o permiten. 

Ó ser día de derbi, espérase gran afluencia de xente nos locais da zona, polo que se pon como fecha límite para anotarse o Venres 14 de Outubro:

Menú:

  • Cocido
  • Postre variado
  • Bebidas (viño, cervexa e refrescos)
  • Cafés e chupitos

Precio por persoa: 15€

Lugar: Tapería Tu Boca Te La Lía

Rúa Manuel de Castro, nº12.

Data e Hora: Domingo 23 de Outubro, ás 14:30.