XXI Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Fase de Clasificación

Por segundo ano consecutivo, imos participar no xa tradicional Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas, na súa 21ª Edición. 

A Fase de Clasificación terá lugar o vindeiro xoves 12 de outubro pola mañá. O noso equipo, quedou encadrado no Grupo E, xunto cos equipos:

  • Peña Celtista Os Zoqueiros
  • Peña Celtista de Arbo
  • Peña Celtista Preferencia Celeste

Os partidos terán unha duración de 40 minutos, dividos en dous tempos de 20 minutos cun descanso de 5 minutos. Clasifícanse para xogar a fase final o primeiro e segundo clasificado de cada grupo máis os dous mellores terceiros, o que farán un total de 12 equipos. Nestes partidos, vense preseleccionar xogadores para disputar o amigable do XXV Aniversario da Federación de Peñas Celtistas, que se celebrará no mes de agosto de 2018.

Os encontros disputaránse no campo de Sárdoma:

Os horarios dos partidos, son os seguintes:

09:30 P.C. OS ZOQUEIROS P.C. DE ARBO
10:15 P.C. TERRA CELESTE P.C. PREFERENCIA CELESTE
11:00 P.C. DE ARBO P.C. TERRA CELESTE
11:45 P.C. OS ZOQUEIROS P.C. PREFERENCIA CELESTE
12:30 P.C. DE ARBO P.C. PREFERENCIA CELESTE
13:15 P.C. OS ZOQUEIROS P.C. TERRA CELESTE

No seguinte enlace tedes toda a información do torneo: XXI Torneo – Fase Clasificación

OS XOGADORES DO EQUIPO DE TERRA CELESTE ESTADES CONVOCADOS ÁS 09:30. PRÉGASE PUNTUALIDADE