Cita histórica en Balaidos – Ida dos cuartos da UEL contra o Genk

Dendo o club fannos chegar o seguinte aviso, solicitando a colaboración de todos para que mañá se viva unha xornada inesquecible.

O Club porá en cada asento un “aplaudidor” de cartón pregado cunha goma.

Por unha banda será de cor celeste co escudo do RC Celta e pola outra terá unha imaxe dos xogadores.

  1. Mentres soa o himno do RC Celta poderás amosar a túa bufanda.
  2. Cando remate o himno colle o teu aplaudidor e exténdeo.
  3. Cando saian os xogadores e soe o himno da UEFA, amosa a parte celeste cara o campo. Tinguiremos de celeste toda a bancada de Balaídos!
  4. Unha vez remate o himno da UEFA, prega o aplaudidor e anima con él!

Ademáis, a grada de Marcador recibirá os xogadores despregando un gran tifo co escudo do RC Celta sobre a bandeira galega, ca lenda “Afouteza, corazón, orgullo, tradición”.

Finalmente, recordar que dende algunhas peñas fíxose un chamamento os afeccionados para facerlle un recibimento os xogadores cando cheguen o campo. A cita é as 19:15 na explanada de Tribuna.

Mañá temos que estar todos ahí, alentando os nosos xogadores. Fagamos historia!!!

HALA CELTA

Viaxe a Bélxica – Volta Cuartos de Final UEL

A Federación de Peñas Celtistas organiza un desprazamento a Belxica para asistir o encontro que se xoga en Genk o xoves 20 de abril de 2017, correspondente o partido de volta de cuartos de final de Europa League.

No prezo non inclue a entrada, xa que se deberá seguir o protocolo marcado polo RC Celta, coa salvidade de que dende a FDPC os peñistas ou abonados que desexen a entrada, 35 €, deberan de entregar unha fotocopia do DNI e do Abono para a súa retirada en taquilla.

O prazo remata o martes 4 de abril de 2017 ou se agoten as prazas.

Entradas para a Final da UEL

Faro de Vigo publica hoxe un artigo moi interesante no que se anuncia o mecanismo para a venda de entradas para a final da UEL.

Básicamente, informa de que mañá venres 17 de Marzo, a UEFA porá á venda (non é venda directa, senón que haberá un sorteo entre todos os solicitantes) un primeiro paquete de 17.000 entradas que serán para o público en xeral.

Para facer esta reserva, tedes que entrar no seguinte enlace: uefa.com

Cada un dos equipos finalistas disporá a súa vez de 10.000 entradas, que serán vendidas entre os seus afeccionados.

Deixámosvos un enlace o artigo completo.