Viaxe a Bélxica – Volta Cuartos de Final UEL

A Federación de Peñas Celtistas organiza un desprazamento a Belxica para asistir o encontro que se xoga en Genk o xoves 20 de abril de 2017, correspondente o partido de volta de cuartos de final de Europa League.

No prezo non inclue a entrada, xa que se deberá seguir o protocolo marcado polo RC Celta, coa salvidade de que dende a FDPC os peñistas ou abonados que desexen a entrada, 35 €, deberan de entregar unha fotocopia do DNI e do Abono para a súa retirada en taquilla.

O prazo remata o martes 4 de abril de 2017 ou se agoten as prazas.

Viaxe en Semana Santa a Granada coa FdP

A FdP organiza unha viaxe para animalo noso Celta en Granada, no partido que se vai disputar coincidindo coa Semana Santa (pendiente de horario).

A saída será o Xoves 13 as 00:05 dende o estadio de Balaídos e o regreso o Domingo 16.

A viaxe ten un custe de 270€ para os peñistas e inclúe o autobús, 3 noites de hotel (media pensión: almorzo e cea), seguro de viaxe, entrada a Alhambra e visitas guiadas. O precio non inclúe a entrada.

cartel-viaxe-granada

Viaxe a Xixón coa FdP

A FdP organiza unha viaxe para animalo noso Celta en Xixón, no partido que se vai disputar o próximo domingo 26 de Febreiro ás 18:30.

A saída será o Sábado 25 as 07:00 dende o estadio de Balaídos e o regreso o remate do encontro.

A viaxe ten un custe de 70€ para os peñistas e inclúe o autobús, 1 noite de hotel e seguro de viaxe. As entradas teñen un precio de 30€. Se és socio de Terra Celeste e queres que xestionemos a entrada, ponte en contacto coa Xunta Directiva a través do whatsapp ou no correo contacto@terraceleste.es.

cartel-viaxe-xixon

Tedes toda a información na web da FdP.

Viaxe a Ucraina – Volta dezaseisavos UEL

Viaxes “El Corte Inglés” organiza unha viaxe para animalo R.C.Celta na volta dos dezaseisavos da UEL.

A viaxe ten un precio por persoa de 380€, e inclúe: voo charter dende Vigo (acompañando ó equipo), entrada o encontro, traslados, 1 noite de hotel, visita á cidade, cea-picnic e seguro de viaxe.

Os interesados tendes ata o 15/02/2017 para inscribiros. Tendes toda a información a continuación:

54f74634-be14-4b62-bf99-bceee06a1ea5

Viaxe a Vitoria – Semifinais Copa do Rei

O R.C. Celta porá buses gratuitos para os aboados que merquen a entrada para o partido de volta das semifinais de Copa que nos enfrontará o próximo mércores 8 o Alavés no estadio de Mendizorroza.

As 670 entradas estarán disponibles para os aboados a un precio único de 30€ a partires do sábado nas taquillas de Balaídos. As entradas son nominais, polo que para retiralas, será necesario presentar o carnet de aboado e o DNI.

Os buses sairán de Balaídos o mércores 8 de febreiro ás 8:00, regresando ó término do encontro.

As taquillas permenecerán abertas este sábado de 10:00 a 20:00 ininterrumpidamente, e o domingo dende as 10:00 ata o inicio do partido co Real Madrid.

No seguinte enlace, tedes toda a información: Viaxe a Vitoria

Viaxe a Eibar coa FdP

A Federación de Peñas organiza unha viaxe a Eibar para velo partido da 12ª Xornada de Liga que enfrontará o noso Celta co Eibar, o vindeiro Sábado 19 de Novembro ás 18:30 no Estadio de Ipurúa.

A saída está prevista para o Sábado día 19 ás 00:00 dende o Estadio de Balaídos e o regreso o Domingo día 20.

A precio de 80€ para os peñistas inclúe autobús, 1 noite no Hotel Unzaga Plaza con almorzo e seguro de viaxe.

O número de plazas é moi reducido debido a pouca capacidade do Estadio de Ipurúa, polo que é aconsellable reservar coa maior brevidade posible.

A continuación tedes a información relativa a esta viaxe.

cartel-viaxe-ipurua