XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Resultados – Fase de Repesca

Chegou o final do torneo para Terra Celeste, que non puido sobrepoñerse ás innumerables baixas coas que se presentou a esta fase de repesca. Con tan só 13 xogadores, non foi quen de superar os seus rivais.

A mañá empezaba coa sorpresa da baixa da Peña Arribada Celeste do torneo. Esto implicaba que os partidos sería dunha hora en lugar de 40 minutos.

O primeiro partido enfrentou os nosos co equipo de Siareiros.NET. O equipo da nosa peña aguantou ben ó rival, moi superior en número de xogadores, ata que a falta de 4 minutos, un golpeo por alto dende a frontal da área se colou por riba de Araujo, quen nada puido facer para evitalo tanto.

Xogadores de Terra Celeste e Siareiros.NET confraternizando tras un partido moi reñido

No derradeiro partido desta xornada matinal, os nosos xogabanse o pase fronte o poderoso e xoven equipo de Os Zoqueiros. O noso equipo tentou aguantalo resultado cerradiño atrás para tentar batir o rival nunha contra, xa que unha victoria pola mínima os clasificaba para xogar a fase final no mes de Maio. E co empate inicial se chegou ata a metade da segunda parte do encontro. Pero tras encaixar dous goles casi seguidos, o equipo se abriu na búsqueda da remontada e eses ocos foron ben aproveitados polos Zoqueiros para rematar cunha goleada á contra.

O resumo desta primeira participación no torneo é que serviu para pasar un bo rato todos xuntos. Para o ano que ben, hai que conseguir máis implicación e non ir os partidos tan xustos de xente.

XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Fase de Repesca

A FdP acaba de enviarnos o resultado do sorteo da Fase de Repesca do XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas. Esta fase terá lugar o próximo día 1 de Novembro. A nosa peña quedou encadrada no grupo A xunto cas peñas:

  • Peña Celtista Siareiros.NET
  • Peña Celtista Os Zoqueiros
  • Peña Celtista Arribada Celeste

Os encontros disputaránse no campo de Candeán:

Campo de Fútbol Candeán

Os horarios dos partidos, son os seguintes:

09:30 P.C.SIAREIROS.NET P.C.TERRA CELESTE
10:15 P.C.OS ZOQUEIROS P.C.ARRIBADA CELESTE
11:00 P.C.SIAREIROS.NET P.C.OS ZOQUEIROS
11:45 P.C.TERRA CELESTE P.C.ARRIBADA CELESTE
12:30 P.C.SIAREIROS.NET P.C.ARRIBADA CELESTE
13:15 P.C.TERRA CELESTE P.C.OS ZOQUEIROS

No seguinte enlace tedes toda a información desta fase do torneo: XX Torneo – Fase Repesca

Viaxe a Eibar coa FdP

A Federación de Peñas organiza unha viaxe a Eibar para velo partido da 12ª Xornada de Liga que enfrontará o noso Celta co Eibar, o vindeiro Sábado 19 de Novembro ás 18:30 no Estadio de Ipurúa.

A saída está prevista para o Sábado día 19 ás 00:00 dende o Estadio de Balaídos e o regreso o Domingo día 20.

A precio de 80€ para os peñistas inclúe autobús, 1 noite no Hotel Unzaga Plaza con almorzo e seguro de viaxe.

O número de plazas é moi reducido debido a pouca capacidade do Estadio de Ipurúa, polo que é aconsellable reservar coa maior brevidade posible.

A continuación tedes a información relativa a esta viaxe.

cartel-viaxe-ipurua

XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Resultados Fase Clasificación

12/10/2016 - XX Torneo de Peñas - Fase Clasificación
De pie de izq. a der.: Jacobo (entrenador), Veri, Solla, Mera, Carrascal, Zeke, Sebas, Veri, Javier Penas.
Abajo de izq. a der.: Araujo, Berna, Pableras, Durán, Suso V., Borja, Claudio y Sergi

Non puido ser. A pesares de dar a cara en todo momento, o equipo de Terra Celeste veuse abocado á Fase de Respesca que terá lugar o día 1 de Novembro.

Unha abultada derrota no primeiro partido do grupo deixou sen opcións o equipo Terriño, que aínda así saltou coas ganas intactas no último partido do grupo.

O primero partido, contra a Peña Celtista Celtas do Verdugo, comezou moi igualado. Mesmo puido adiantarse no marcador o noso equipo cun par de boas oportunidades que os dianteiros non puideron remachar á rede. Na outra portería, Solla conseguía desvaratar as oportunidades que tiñan os xogadores verdes. Pero foi nos últimos 10 minutos da primeira parte cando se decantou o partido. Tres goles do equipo de Pontecaldelas, fixeron que se chegase o descanso cun claro 3-0, que sentenciaba o choque. Na segunda metade, o equipo verde xogou máis a mantela pelota no seu poder para evitalo desgaste físico de cara o último partido que lles enfrontaría a Peña Celtista de Salceda. Polo seu lado, o equipo da nosa peña tentaba recortálo resultado nalgunha contra, pero foi imposible batir o porteiro rival.

No derradeiro partido, un gol de Durán tras un gran pase de Mera, fixo que subise ó marcador o primeiro tanto do equipo, que se adiantou moi cedo no marcador e conseguiu mantela vantaxe ata o principio da segunda parte. Unha segunda parte na que se cerrou atrás tentando aumentála sua vantaxe nalgunha contra. Pero o que chegou foi o gol da igualada. Unha igualada que se mantivo a pesares da dobre oportunidade, unha en cada portería, que tiveron os equipos na derradeira xogada do encontro. Un empate que pouco servía a ambolos dous equipos.

Así que agora quedamos á espera do sorteo para sabelos enfrontamentos da Fase de Repesca que terá lugar o día 1 de Novembro.

No seguinte enlace, tedes os resultados completos desde Fase de Clasificación.

XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas

Xa está eiquí o tradicional Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas, no que este ano participará un equipo de Terra Celeste, no que será o noso debut no torneo.

A Fase de Clasificación terá lugar o vindeiro mércores 12 de outubro pola mañá. O noso equipo, quedou encadrado no Grupo B, xunto cos equipos:

  • Peña Celtista Celtas do Verdugo
  • Peña Celtista do Ribeiro “B”
  • Peña Celtista de Salceda

Os encontros disputaránse no campo de Sárdoma:

Os horarios dos partidos, son os seguintes:

09:30 P.C.CELTAS DO VERDUGO P.C.TERRA CELESTE
10:15 P.C.DO RIBEIRO “B” P.C.DE SALCEDA
11:00 P.C.CELTAS DO VERDUGO P.C.DO RIBEIRO “B”
11:45 P.C.DE SALCEDA P.C.TERRA CELESTE
12:30 P.C.CELTAS DO VERDUGO P.C.DE SALCEDA
13:15 P.C.TERRA CELESTE P.C.DO RIBEIRO “B”

Nos próximos días publicaremos a información completa do Torneo.

No seguinte enlace tedes toda a información do torneo: XX Torneo – Fase Clasificación